O cadete afronta a saída máis difícil da tempada este sábado
www.sdchantada.com/ 13-02-14
O cadete visita este sábado ás 15:45 horas ó Pabellón B, na última xornada da primeira volta, nun encontro no que estará en xogo o liderato do grupo.

Os chantadinos suman 21 dos 24 puntos disputados ata o de agora, mentres que os pabellonistas teñen 19 no seu haber. O encontro será moi difícil para os nosos, pois os ourensáns non cederon ningún punto como locais, e nas últimas xornadas están a amosar unha gran fortaleza, polo que os nosos deberán saír a por todas se queren vencer.

No encontro disputado no anterior grupo, no Sangoñedo, o resultado foi de empate a un gol.