O Chantada sumou un necesario triunfo ante o Soneira
www.sdchantada.com/ 17-02-14
O Chantada sumou tres puntos necesarios ante o Soneira nun encontro no que os locais foron moi superiores e xa encarrilaron o encontro nos primeiros vinte minutos, mandando xa por 2-0 no marcador.

Os de Óscar Méndez xa tomaron a iniciativa do xogo desde o principio de encontro, e antes do cuarto de hora Anxo facía o 1-0 cun bo disparo cruzado tras un servicio de Cañón. Pouco despois chegaría unha acción clave no encontro, nun penalti sobre Óscar que supuxo, ademais, a expulsión do defensor rival; Manu non fallou e puxo o 2-0 no marcador.

O Soneira parecía noqueado, pero ó fío da media hora tería a súa oportunidade, nunha pena máxima, pero o disparo do atacante visitante foise alto. Antes do descanso Noé tería unha clara ocasión, que salvaría a defensa baixo paos. Co 2-0 chegouse ó descanso.

Tralo paso por vestiarios o Chantada mandou, tratando de evitar sobresaltos, e Kadete sentenciaba o partido no minuto 60. A partir de aquí os nosos xogaron con marcador, sen que o resultado perigase en ningún momento e sumando tres puntos importantes na loita pola salvación.