O xuvenil igualou nun encontro aburrido a domicilio
www.sdchantada.com/ 17-02-14
O xuvenil igualou a un tanto no campo do Gondomar gracias a un tanto de Pulpix no minuto 82. O encontro foi moi aburrido, e os de Dani sobrepuxéronse ás numerosas baixas para, con moito oficio, conseguir sumar un punto no feudo dun rival directo, nun encontro no que o cadete Mirás debutou na categoría, facéndoo ademais como titular.

O partido foi insulso e sen ritmo no primeiro acto, ata que pasada a media hora chegaba o 1-0, de penalti, co que se chegou ó descanso.

Tralo paso por vestiarios o Chantada contou cunha clara ocasión na que Dani e Michi non acertan, e co paso dos minutos os nosos tiveron que estirarse en ataque, o que propiciou que os locais contaran con algunha contra perigosa que non conseguiron concretar.

Obtivo o seu premio á insistencia o cadro chantadino, cando no minuto 82 un cabezazo de Pulpix á saída dun córner igualaba o encontro e daba un importante punto ós de Dani.