Ó cadete escápanselle dous importantes puntos no engadido
www.sdchantada.com/ 17-02-14
O cadete empatou a dous tantos na súa saída á casa do segundo clasificado, o Pabellón B, que igualou o encontro cando pasaban máis de catro minutos do tempo reglamentario.

A primeira metade foi aburrida, con moito fútbol de control de ambos equipos, polo que apenas se viron ocasións. O máis destacable eran disparos lonxanos dos de Juan que nin sequera levaban perigo, ata que mediado o primeiro acto os locais aproveitaban unha serie de imprecisións chantadinas para facer o 1-0. Con este marcador animáronse os locais, que dominaron o encontro durante uns minutos.

Apretou algo o Chantada antes do descanso, e obtería o seu premio nunha xogada na que o meta se luce no disparo de Roberto pero Varela aproveita o rexeite para marcar o 1-1.

Tralo paso por vestiarios os nosos adiantáronse moi pronto, no minuto 2 da segunda parte, cun cabezazo de Roberto á saída dunha falta botada por Sergio.

Desde este intre o Chantada dominou o encontro, sentíndose cada vez máis cómodo co paso dos minutos e contando con ocasións para sentenciar por medio de Roberto e Pedro por partida dobre, pero os nosos non estiveron atinados, e o Pabellón, que non creara perigo no segundo acto, apretou a base de balón parado nos últimos minutos do encontro.

E cando xa pasaban máis de catro minutos de desconto, unha falta lateral provoca un barullo na área que acaba rematabando o gardamallas local para empurrar o balón ó fondo das redes e marcar o 2-2 definitivo sen tempo para que os de Juan puideran nin sacar.