O Chantada mídese a domicilio a un rival directo, o Narón
www.sdchantada.com/ 19-02-14
O Chantada visita este domingo ás 4:30 da tarde ó Narón, un rival directo pola permanencia que suma 21 puntos, 9 menos que os de Óscar Méndez, que veñen de vencer ó Soneira, polo que se trata dun encontro moi importante na loita pola salvación.

Tras un bo inicio de tempada a domicilio, os nosos perderon efectividade en campo alleo e só suman unha victoria lonxe do Sangoñedo no que vai de tempada, polo que tratarán de romper esa mala xeira, e que mellor que ante un rival que está na loita con eles.