O Chantada B recibe ó Guntín este domingo ás 4:30 da tarde
www.sdchantada.com/ 19-02-14
O Chantada B recibe este domingo ás 4:30 da tarde ó Guntín, un equipo que se atopa na 13ª praza con 18 puntos, un posto que non reflexa, para nada, o potencial do cadro que visita o Sangoñedo.

Os chantadinos chegan nun bo momento de resultados a este encontro, e tratarán de continuar coa sua boa xeira como locais, pero saben que o encontro que disputarán será moi complicado.

Trátase dun encontro moi importante para os de Juan, que suman 30 puntos e que buscarán un triunfo que lles permita abrir un oco grando cos equipos da parte baixa, mentres que se caen verán como se achega o seu rival, polo que sairán moi concienciados delo e tratando de sumar tres valiosos puntos.