O xuvenil recibe ó Ponte Ourense este sábado ás 4 da tarde
www.sdchantada.com/ 19-02-14
O xuvenil, 14º con 28 puntos, recibe este sábado ás 4 da tarde ó Ponte Ourense, 3º con 39, empatado a puntos co Ourense, que marca a zona de ascenso.

Tras un inicio malo de tempada, os ourensáns reaccionaron dunha maneira inmellorable e acumulan unha espectacular xeira de oito encontros sen perder, vencendo en 7 deles.

Pola súa parte, os de Dani están a amosarse fortes como locais neste ano 2014 e tratarán de seguir na boa liña de resultados que están a obter no Sangoñedo, conscientes de que deben sumar todo o posible para non afastarse da zona media da táboa, nunha liga moi igualada e na que a loita pola permanencia será moi dura.