O cadete visita un campo complicado este sábado ás 4
www.sdchantada.com/ 19-02-14
O cadete afronta unha compricada saída este sábado ás 4 da tarde ó Barco. Lonxe do que poida dicir a clasificación (os de Valdeorras con 9º con 7 puntos) trátase dunha saída que será dura para os de Juan, pois o seu rival conseguiu todos os puntos como local, onde se amosa moi forte, e só caeu nun partido na casa.

Deste xeito, os nosos, que xa se mediron dúas veces esta tempada ó seu rival desta fin de semana, saben que terán enfronte unha dura tarefa. Nos outros dous choques cada equipo saiu vencedor dun.

Na que será a primeira xornada da segunda volta, os chantadinos buscarán un triunfo que lles permita manter a primeira posición na táboa.