O Chantada caeu por 1-0 en Narón nun encontro igualado
www.sdchantada.com/ 24-02-14
O Chantada caeu por 1-0 en Narón nun encontro igualado no que os de Óscar mereceron máis e tiveron opcións de puntuar ata o final.

O encontro comezou cunha chegada visitante, nun disparo de Adri que se foi fora. Pese a este inicio activo, o encontro pasou a unha fase sen ocasións e chegadas perigosas, a excepción dun tanto anulado a Adri e protestado polos nosos. Pasada a media hora chegaría o 1-0 nunha xogada de estratexia local. Reaccionou o Chantada cun disparo de Manuel que, tras tocar o meta local, se vai o pao, e así se chega ó descanso.

Na segunda metade o Chantada intentouno, pero apenas deu xerado ocasións de gol ata os últimos minutos de encontro que se volverían tolos, pois xa no tempo engadido o Narón conta cunha pena máxima que para Melendo, e o Chantada busca o empate, tendo a opción ata o final nun remate de Barrio que os locais salvan baixo paos; na última xogada do partido os locais sufriron dúas expulsións.