O xuvenil caeu ante un sólido Ponte Ourense B
www.sdchantada.com/ 24-02-14
O xuvenil perdeu por 0-2 ante un sólido xuvenil nun encontro no que os visitantes amosaron moito oficio e o por qué da súa boa situación na táboa.

Na primeira metade os visitantes adiantaríanse, e na segunda metade a esaxerada expulsión de Adrián no minuto 55 deixaba as opcións chantadinas como mínimas. Os ourensáns aproveitaron este dominio e sentenciaron o encontro co definitivo 0-2 nun encontro moi marcado polas baixas chantadinas e no que se produciu o debut do cadete Sergio, que foi titular.