O cadete empatou no Barco a un tanto nun partido igualado
www.sdchantada.com/ 24-02-14
O cadete empatou a un tanto no Barco nun partido igualado no que o resultado foi xusto.

O encontro comezou igualado, e os locais adiantáronse no minuto 10 gracias a un disparo desde a frontal que entrou pola escuadra. Os chantadinos non estiveron finos na primeira metade, e terían a ocasión máis clara na última xogada da primeira parte, nun cabezazo de Chulín que salva ca man un defensor na liña de gol: penalti e expulsión. Roberto lanza e o balón vaise ó longueiro.

Na segunda parte melloraron os chantadinos, pero a primeira ocasión clara é local nun remate que toca Iago e que despois se vai ó pao. Os de Juan apretaron nos últimos 20 minutos, e contaron con ocasións por medio de Mirás e Roberto, ata que recurtaron distancias no minuto 70 nun disparo de falta de lonxana de Povis.

Volcaríanse entón os nosos, apretando ata o último suspiro, pero xa non serían quen de acadar o triunfo.