O Chantada recibe este sábado ás 4 da tarde ó Estudiantil
www.sdchantada.com/ 27-02-14
O Chantada, 14º con 30 puntos, recibe este sábado ás 4 da tarde ó Estudiantil, séptimo con 40 puntos. Os chantadinos mídense a un cadro ante o que empataron a un gol no encontro de ida, e que tras un tramo irregular mediada a tempada pareceu recuperar a forma e está a ter unha traxectoria bastante regular que lle permite atoparse nunha posición cómoda na táboa.

Pola súa parte os de Óscar seguen cunha pobre bagaxe a domicilio nas últimas datas, o que provoca que o encontro deste sábado no Sangoñedo se antoxe como moi importante na loita por unha salvación que se venderá moi cara esta tempada, debido ó gran número de arrastres que se producirá.

Os chantadinos, que suman dous triunfos consecutivos no Sangoñedo, esperan o apoio da afición desde as bancadas para sacar algo positivo e seguir sumando.