O Chantada B visita ó Arenas este sábado ás 4:15 da tarde
www.sdchantada.com/ 27-02-14
O Chantada B, 8º con 33 puntos, rinde visita este sábado ás 4:15 da tarde ó Arenas, 15º con 16, nun encontro que se disputará no Luis Bodegas.

Os chantadinos chegan no seu mellor momento de resultados da tempada, logo de encadear por primeira vez tres triunfos consecutivos. Ademais, na última saída, a Castroverde, os de Juan conseguiron romper unha mala xeira a domicilio, polo que tratarán de continuar con esta dinámica nun campo máis complicado do que pode indicar a competición.

Como locais, os monfortinos competiron á perfección en tódolos encontros e todas as derrotas que sufriron foron axustadas, sen perder ningunha vez por máis de un gol. Os nosos tratarán de sumar tres puntos que os alonxen definitivamente da zona baixa da táboa e que lles permitan asentarse na zona media.