O xuvenil afronta unha importante saída a Arousa o sábado
www.sdchantada.com/ 27-02-14
O xuvenil visita este sábado ás 4:30 da tarde ó Arousa B nun importante encontro para os de Dani, que son 14º con 28 puntos, 5 menos que o seu rival da fin de semana, que é sexto.

Os chantadinos tratarán de vencer ante un rival ó que xa derrotaron na primeira volta ou, cando menos puntuar, para que non se afasten na táboa.

Trala derrota sufrida no Sangoñedo ante o Ponte Ourense, os chantadinos tratarán de recuperar os puntos perdidos a domicilio nun momento da tempada na que as numerosas baixas están penalizando en exceso ós do Sangoñedo.