O cadete visita ó Bora este domingo ás 11 da mañá
www.sdchantada.com/ 29-05-14
O cadete mídese a domicilio ó Bora este domingo ás 11 da mañá. Os de Juan mídense ó campión de Pontevedra na segunda xornada do triangular.

As contas para os nosos, logo de caer ante o Bouzas 0-1 na primeira xornada son moi claras: se perden terán que disputar a repesca, mentres que se puntúan chegarán con opcións de ascenso á última xornada, cando se enfrontarán Bouzas e Bora. En función do resultado estas opcións serán máis grandes ou pequenas.

Os chantadinos xa se olvidaron da derrota ante os vigueses e esperan manter as boas sensacións de xogo, pero neste caso materializalas cun bo resultado.

Enfronte terán a un gran equipo que se levou a liga pontevedresa con moita autoridade e que poñerá as cousas moi difíciles para os nosos.