O Chantada comeza a Copa na casa do Rioaveso este domingo
www.sdchantada.com/ 29-05-14
O Chantada comeza este domingo na casa do Rioaveso a súa andaina na Copa Deputación, nos oitavos de final da competición, nunha ronda a partido único que os nosos disputan como visitantes por ser de categoría superior.

O Rioaveso finalizou a campaña no 15º posto de 1ªRexional con 34 puntos, conseguindo manter a categoría. A pesar de quedar na zona baixa, os locais serán un duro rival para os de Óscar, pois hai que ter en conta que no seu feudo son un cadro moi correoso e complicado.