O Chantada desperdiciu numerosas ocasións de gol
www.sdchantada.com/ 02-06-14
O Chantada superou os oitavos de final da Copa Deputación ó impoñerse por 0-1 ó Rioaveso, nun encontro no que os de Óscar Méndez, a pesar das baixas, foron claramente superiores ó seu rival e só a falta de puntería chantadina fixo que a incertidume no marcador se mantivera ata o final nun encontro no que participaron os xuvenís Adrián Bacaría, Fran e José Luis (os dous primeiros como titulares). Os nosos mediránse en cuartos de final, de novo a domicilio, ó Cabreiros.

O encontro comezou con dominio visitante, e as primeiras ocasións comezaron a chegar, con sendos centros de Joserra e Fran que Adri non atinou a rematar. Adri faría o 0-1 pasada a media hora ó aproveitar un man a mana, e incluso podería ampliar a vantaxe antes do descanso, pero disparou fora.

Tralo paso por vestiarios o decorado non cambiou: Noé estrelou un balón no longueiro, e despois Pablo non aproveitaba un servicio de Adri, mentres que Anxo e Josiño tampouco eran quen de convertir as súas ocasións ante un cadro local que só se achegou á área chantadina nos últimos minutos de encontro, pero que non tivo opcións claras para empatar.