O cadete caeu ante un Bora superior e deberá ir á repesca
www.sdchantada.com/ 02-06-14
O cadete deberá ir á repesca logo de resultar o perdedor do triangular de campións. Desta vez caeu ante o Bora, que foi superior ós chantadinos e venceu por 4-0, se ben é certo que tres destes tantos chegaron nos últimos 7 minutos de encontro. Os pontevedreses foron mellores e leváronse o encontro merecidamente ante un Chantada ó que se lle acumularon os contratempos ó longo do encontro.

O partido comezou con dominio dos locais, que tiveron algunha ocasión pero que atallou ben Iago. Os chantadinos dominaron o tramo final do primeiro periodo, e dispuxeron de dúas opcións nun disparo alto de Gonzalo e nun tiro de Pedro que salvou o meta rival. Co 0-0 chegouse ó intermedio.

A segunda metade convertiuse nun encontro de ida e volta, no que golpeou primeiro o cadro local cunha fermosa vaselina no minuto 55. Os nosos tiñan que arriesgar e tiveron as súas opcións nun disparo de Pedro ó pao e nun tiro de Chulín que saca un defensa.

Á vez o Bora contaba con ocasións para sentenciar, pero o balón non entraba, ata que no 73´ os locais sentenciaban o partido cun lanzamento de falta lateral directa. Nuns minutos xa de shock visitante e éxtasis pontevedrés, o Bora faría dous tantos máis que lle permitirían pechar o marcador.