O Chantada visita ó Cabreiros nos cuartos de final o domingo
www.sdchantada.com/ 05-06-14
O Chantada disputa este domingo ás 6 da tarde o partido de cuartos de final da Copa Deputación. Nunha eliminatoria que será a partido único e no que os nosos se medirán ó Cabreiros, os de Óscar esperan acadar un triunfo que lles permita acceder ás semifinais.

Os locais competiron en 1ª Rexional esta tempada, rematando a competición na zona media-baixa da táboa, pero acadando a permanencia. Como locais son un equipo sólido, polo que se prevé un encontro complicado para os chantadinos, que na anterior ronda se impuxeron por 0-1 ó Rioaveso.