O Chantada visita ó Escairón nas semifinais da Copa
www.sdchantada.com/ 09-06-14
O Chantada visita ó Escairón este domingo ás 7 da tarde nas semifinais da Copa Deputación. Os de Óscar, tras deixar na cuneta a Rioaveso e Cabreiros xogarán de novo a domicilio ante un cadro de 1ª Autonómica, aínda que neste caso os locais foron os segundo clasificados, e conseguindo o ascenso a Rexional Preferente.

Os do Saviñao están a realizar un gran torneo, e xa apearon a Ribadeo, Taboada e Lemos, equipos de gran entidade, polo que nosos son conscientes da dificultade do encontro, e máis tendo en conta que o Chantada actuará como visitante.

Tratándose dun derbi no que sempre reina o bo ambiente e a deportividade, agárdase un cheo nas bancadas e unha ampla representación chantadina para apoiar ó noso equipo.