O cadete visita ó Grove este sábado ás 11:30 da mañá
www.sdchantada.com/ 09-06-14
O cadete visita este sábado ás 11:30 da mañá ó Grove na ida das semifinais polo ascenso. Logo de caer no triangular de campións, os nosos deben repoñerse e amosar a súa mellor versión para optar o ascenso. Se o queren conseguir deberán superar dúas eliminatorias.

Nesta primeira (a dobre partido) os de Juan mediránse ó Grove, cuarto clasificado con 59 puntos na liga de Pontevedra, e que pasou exento a primeira ronda.

Curiosamente, o Grove foi o conxunto que o ano pasado eliminou ós nosos na loita polo ascenso, aínda que finalmente non conseguiu dar o salto de categoría.