O Chantada vence en Escairón e clasifícase para a final
www.sdchantada.com/ 17-06-14
O Chantada impúxose por 1-3 ó Escairón nun encontro no que os de Óscar foron superiores e se levaron merecidamente o triunfo, se ben é certo que con 1-2 no marcador os locais tiveron dúas ocasións para empatar. Con este triunfo os chantadinos acceden á final da Copa Deputación por terceira vez nos últimos cinco anos, e desta vez mediránse ó Castro.

O Chantada saiu moito mellor ó encontro, e pronto estableceu unha vantaxe importante no marcador: no 16´ Anxo lanza unha falta que despexa Montero, e Alberto aproveita o rexeite para facer o 0-1. Case sen tempo para a reacción, no 18´, Kadete cabeceaba ó fondo da rede unha falta sacada por Joserra.

Ata o descanso os nosos foron superiores e incluso puideron ampliar a vantaxe nalgunha ocasión, destacanso un remate de Óscar que se foi por fora.

Tralo paso por vestiarios o Chantada puido sentenciar o encontro, pero non acertou nos últimos metros, destacando un disparo de Anxo que salvou ben Montero.

Os nosos pagaron a falta de acerto e o Escairón reaccionou recurtando distancias cun tanto de Santi a falta de 20 minutos; entón chegarían dúas ocasións locais nos mellores momentos dos do Saviñao, pero con convertiron e o Chantada volveu a controlar o encontro. O Escairón quedaría con dez homes no minuto 83, só dous antes de que Adri sentenciara o encontro facendo o 1-3 defintivo. Xa no minuto 89 o Escairón vería cómo dous xogadores máis eran expulsados por protestar.