O cadete caeu por 3-2 no Grove e decidiráse no Sangoñedo
www.sdchantada.com/ 17-06-14
O cadete caeu por 3-2 no Grove no partido de ida e a eliminatoria decidiráse no Sangoñedo. Os de Juan saíron ben ó partido, e dominaron os primeiros quince minutos, nos que o achegamento máis perigoso foi un disparo de Mirás que se foi fora por pouco.

Co paso dos minutos os locais tomaron a iniciativa e mediada a primeira metade tomaron vantaxe no marcador. A raíz do gol o encontro foi dominado polo Grove, que ampliou a vantaxe antes do descanso ata o 2-0.

Tralo paso por vestiarios mellorou moito a imaxe chantadina, e Pedro recurtaba distancias ó transformar un penalti. Cando mellor estaban os de Juan, chegaría un mazazo en forma dun gol á contra dos locais. Pero os nosos reaccionaron ben, en busca dun gol que lles dera vida na eliminatoria. E este chegaría no minuto 73, cando Sergio aproveitaba un rexeite dunha acción a balón parado para facer o 3-2.

No minuto 75 o Chantada quedaríase con 10 homes pola expulsión de Hugo, e o Grove contaría co dominio territorial ata o final, e cunha ocasión que parou ben o meta chantadino, para permitir que o encontro rematara sen máis goles.