O cadete xógase o pase á ronda final e o Chantada o título
www.sdchantada.com/ 19-06-14
Fin de semana importante para a S.D. Chantada con dous partidos nos que o apoio da afición chantadina será clave. Abrirá o telón o cadete o sábado ás 19:00 horas no Sangoñedo, recibindo ó Grove nas semifinais da fase de ascenso a Liga Galega. Os chantadinos caeron por 3-2 no partido de ida, polo que chegan moi vivos ó encontro de volta, e agardan que se faga notar o factor campo. Para elo, os de Juan esperan contar co apoio da afición, polo que desde aquí pedimos unha masiva afluencia de aficionados.

O domingo será o turno de disfrutar da final da Copa Deputación. O Chantada xogará a súa terceira final nos últimos cinco anos; na última caeu ante a Residencia, e nesta ocasión os de Óscar mediránse ó Castro o domingo ás 20:00 no campo da Cheda (Lugo). Os nosos venceron en todos os encontros como visitantes a equipos de 1ªRexional, mentres que desta vez mediránse a un equipo de Preferente, que ó igual que os nosos finalizou no medio da táboa. Agárdase unha presencia masiva de aficionados chantadinos nas bancadas, polo que animamos a todos a que vos despracedes a apoiar ó noso equipo.