O Chantada caeu ante o Castro nunha igualada final
www.sdchantada.com/ 23-06-14
O Chantada tívose que conformar co subcampionato da Copa Deputación logo de caer ante o Castro nunha final igualada na que por ocasións os nosos mereceron, cando menos, o empate. O encontro estivo marcado polo tempraneiro gol do Castro, que pechou o marcador no minuto 95.

O partido comezou con dominio dos chantadinos, que avisaron cun primeiro disparo de Óscar e posteriormente cunha acción na que a Adri se lle escapa o control cando quedaba só. No minuto 14, primeira aproximación do Castro e gol de falta directa.

Este tanto non afectou ós nosos, que seguiron sendo donos do encontro e contaron cunha clara dobre ocasión de Failde, pero non atinaron e o Castro tivo unha clara ocasións para ampliar a vantaxe antes do descanso, que salvou Rays.

Tralo paso por vestiario o encontro volveuse moito menos vistoso, cun Chantada que o intentaba ante un Castro que usaba as súas armas para trabar o partido. No arreón final chegarían as mellores ocasións chantadinas, primeiro para Cañón e Joserra, que disparou alto, e posteriormente nas botas de Kadete, cuxo disparo a bocaxarro salva o meta rival.

Xa co partido rematado, o Castro facía o 2-0 no minuto 95 ó transformar un penalti. Felicitar desde aquí ó Castro polo seu campionato, ó igual que á Milagrosa, que se levou o título feminino.


A Milagrosa levouse o título feminino