O equipo cadete recibiu o trofeo de campión de liga
www.sdchantada.com/ 23-06-14
O equipo cadete, en mans do seu capitán, Varela, recibiu o trofeo que o acreditaba como campión da Liga Provincial de Ourense. O delegado da Federación Galega en Ourense, Cachaldora, entregou ante do inicio do partido de fase de ascenso ante o Grove a que é a segunda Copa de Campión nesta categoría na historia do clube.