Óscar Méndez continuará á fronte do primeiro equipo da SD
www.sdchantada.com/ 24-06-14
Unha vez rematada a competición oficial, comeza o traballo nos despachos para a vindeira tempada. A primeira nova é a renovación de Óscar Méndez como técnico do primeiro equipo, polo que o monterrosino dirixirá por terceiro ano seguido ó equipo de Rexional Preferente, no que será a súa 11ª tempada no corpo técnico do Sangoñedo.

Tras unha gran tempada na que o equipo conseguiu con solvencia a salvación e na que quedou subcampión de Copa, esta renovación non fai máis que reforzar a aposta do noso clube por un proxecto consolidado e basado na canteira que se pretende reforzar todavía máis.

No tocante á confección do plantel, o clube anuncia que as baixas respecto a esta tempada que remata son as de Melendo, Fabio e Jordi Failde. As primeiras incorporacións, cómo non, proceden da base, pois Adrián Bacarí, recén subido de xuvenís uniráse ás filas do primeiro equipo, ó igual que Fran, que tras competir no Lugo de División de Honra Xuvenil se incorporou no tramo final da tempada ó noso equipo xuvenil e incluso debutou na Copa co primeiro equipo.

Desde esta web seguiremos informando de tódalas novedades referentes a éste e ós demais equipos do clube.