Juan, Dani, Antón e Traste amplían a súa formación
www.sdchantada.com/ 24-06-14
Os técnicos do clube continúan, un ano máis, coa súa formación. O adestrador do Chantada B e dos cadetes, e á vez axudante do primeiro equipo, Juan Rodríguez, vén de acadar o título de adestrador nivel-3, adestrador Nacional, que lle permitiría adestrar en calquera categoría.

Dani, adestrador do xuvenil, segundo adestrador do primeiro equipo e adestrador dos porteiros sénior, vén de facerse co nivel-1 de adestrador en fútbol sala; mentres que Antón (2º adestrador de Chantada B e xuvenil) e recuperador de lesionados do primeiro equipo, acaba de acadar o título de adestrador nivel-1 de fútbol.

Traste, xogador do primeiro equipo e segundo adestrador dos cadetes, vén de conseguir o título de adestrador nivel-2, adestrador Rexional, que o capacita para adestrar ata Rexional Preferente ou facer como 2º adestrador en calquera categoría do fútbol nacional.

Ademais, os xogadores do clube Anxo, Manu e Fornas están a realizar o nivel-0 que se está a impartir en Monforte, empezando a súa formación para traballar coa base no futuro.