Este sábado celebraráse a cea de fin de tempada
www.sdchantada.com/ 25-06-14
Este sábado día 28 de xuño celebraráse a tradicional cea de tempada do clube, á que poderán asistir xogadores, directivos e adestradores, así como todos aqueles familiares, amigos e socios que o desexen. O clube anima a todos a asistir á despedida da tempada e gozar dunha agradable velada.

A S.D. estivo a esperar o remate das competicións dos distintos equipos do clube para fixar esta cea, que terá lugar este sábado ás 21:30 horas no Restaurante Río Bubal. O prezo por persoa será de 15€. Aquel que se queira apuntar deberá avisar a algún adestrador do clube ou ó directivo Juan Arrojo no teléfono 616600897.

Asemblea Xeral Ordinaria
Por outra parte, o vindeiro xoves día 3 de xullo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria do clube, que será ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria no Círculo Recreativo Cultural "Casino". A directiva anima ós socios a acudir para tratar temas importantes para o futuro do clube.