O Chantada pecha a súa primeira incorporación: Javi López
www.sdchantada.com/ 30-06-14
O Chantada vén de pechar a súa primeira incorporación para o equipo de Rexional Preferente: o gardamallas Javi López. Nacido o 04/03/1986, o gardamallas do Incio será un dos encargados de defender a portería do primeiro equipo da SD, xunto con Rays.

Javier López Cortiña conta cunha ampla experiencia no mundo do fútbol: desde infantil ata xuvenil estivo nas categorías inferiores do C.D.Lugo, a excepción do segundo ano de cadete, cando competiu no Montañeros.

Xa como sénior, Javi López formou parte do C.D.Lugo que conseguiu o ascenso de 3ª división a 2ªB, para posteriormente defender a portería do Lemos en 3ª división. Tamén en 3ª división xogou na Ponferradina e no Lalín. O xogador do Incio tamén defendeu a portería do Boiro en Rexional Preferente, conseguindo o ascenso a 3ª división.

Deste xeito, Javi López convírtese no primeiro reforzo do primeiro equipo, que tamén incorporará os xuvenís Adrián Bacarí e Fran. A través desta web seguiremos informando de todas as novidades referentes a tódolos equipos do clube.