O Chantada caeu ante un sólido Sada por dous tantos a un

www.sdchantada.com/ 02-02-14

O Chantada caeu por 2-1 ante o Sada nun encontro no que os de Óscar se adiantaron ós 40 segundos gracias a un gran cabezazo de Kadete. No minuto 15 os nosos poderías aumentar a vantaxe, pero o disparo de Fornas estrelouse na cruceta, e na contra os locais conseguirían a igualada, polo que tras uns intensos e igualados primeiros 45 minutos se chegou ó descanso co resutlado de 1-1.

Tralo paso por vestiarios saíron mellor os locais, con maior dominio pero sen claras ocasións, ata que o colexiado sinalou unha falta totalmente inexistente na frontal da área chantadina e Tenreiro fixo o 2-1 no 57´. A partir de aquí o Sada calmou o ritmo do encontro e o Chantada intentouno pero non tivo opcións.