O xuvenil manténse firme no liderato tras un novo triunfo

www.sdchantada.com/ 02-02-14

Victoria moi importante a conseguida polos de Dani ante un rival directo como o Pabellón C ó que se impuxeron por 5-2 e que lle permite ós nosos seguir contando as xornadas por victorias.

O encontro comezou igualado, pero no 18´ chegaría o 1-0, obra de Dani. Este tanto deulle confianza ós nosos, que doce minutos despois ampliaron a vantaxe gracias a Sergi; case sen tempo para celebralo chegaría a réplica visitante, cun tanto que recurtaba distancias e que facía que ó descanso se chegara co marcador de 2-1.

Tralo paso por vestiarios o Chantada encarrilaba moi rápido o encontro cun gol de Seso no 49´ e outro de Samuel no 52´. Un tanto visitante no 56´ intentaba meter os ourensáns no encontro, pero Álex non deixaba lugar para a sorpresa ó facer o definitivo 5-2 no 62´.

A partir de ahí o Chantada soupo xogar co marcador e non deixaría escapar os puntos do Sangoñedo.