O cadete reatópase co triunfo ante o Cidade de Ourense

www.sdchantada.com/ 02-02-14
Logo de catro derrotas consecutivas, o cadete volveu a saborear o triunfo logo de impoñerse nun encontro cheo de alternativas no marcador e ocasións por 4-3 ó Cidade de Ourense no primeiro encontro da segunda volta.

Xa nos primeiros minutos os chantadinos reclamaron un penalti sobre Hugo que o colexiado non sinalou, e pouco despois os visitantes atinarían coa meta de Álex para facer o 0-1. O Chantada non se veu abaixo e pronto conseguiu o tanto da igualada tras un bo disparo de Hugo desde a frontal. Ó final dos primeiros 40 minutos chegouse co 1-1 logo de que o local Anxo errara unha pena máxima.

Tras o paso por vestiarios os chantadinos tomaron a iniciativa, e acabou chegando o 2-1 gracias a un gran disparo de Ulloa. Nun último cuarto de encontro tolo, os visitantes conseguirían igualar, pero Rubén poñía por diante de novo ós nosos.

Co paso dos minutos todo facía indicar que o marcador xa non se movería dese 3-2, pero nada máis lonxe da realidade, pois no último minuto do tempo reglamentario os visitantes conseguían a igualada.

Os chantadinos non se conformaron co empate e volcáronse en ataque no tempo de desconto, ata que obtiveron premio ó conseguir o definitivo 4-3 tras un barullo na área.