O Chantada recibe a un forte Arteixo o domingo ás 4:30

www.sdchantada.com/ 04-02-14
O Chantada recibe este domingo ás 4:30 da tarde no Sangoñedo ó Arteixo, cuarto clasificado con 36 puntos, nove máis que os de Óscar Méndez.

Logo dun irregular inicio, o Atlético Arteixo ven de encadear unha xeira de once encontros no que só sufriu unha derrota, o que o levou a un posto na clasificación acorde ó potencial do seu plantel.

Na ida, os chantadinos venceron por 2-3 nunha victoria moi sufrida ante un rival que amosou por aquel entón unha gran imaxe e que deixou claro que estaría arriba a final de tempada.

Unha vez instalado na cuarta posición, o Arteixo trátase dun rival moi compricado que visitará o Sangoñedo nun mal momento dos nosos, que encadean dez xornadas consecutivas sen vencer.

Nos últimos tres encontros como locais os chantadinos empataron, polo que desta volta tratarán de vencer e achegarse de novo á zona media da táboa clasificatoria.