O Chantada B recibe a un sempre compricado Brollón

www.sdchantada.com/ 04-02-14
O Chantada B mídese este sábado ás 4:45 da tarde no Sangoñedo ó Brollón na 20ª xornada do grupo sur de 2ªRexional. Logo de volver á senda do triunfo ante o Ferreira conseguindo unha traballada victoria, os de Juan tratarán de resarcirse da derrota no último encontro disputado no Sangoñedo ante o Friol, que foi a primeira escadra en levarse puntos do campo chantadino.

Os nosos son segundos con 38 puntos, mentres que o Brollón é sexto con 29. Esta circunstancia fai que o encontro todavía sexa máis compricado para os de Juan, pois o rival da fin de semana tratará de conseguir un triunfo que lle permita meterse de cheo nos postos altos.

Ademais, o Brollón é un equipo que non se lle dá ben ós chantadinos nas últimas tempadas, e que ademais xa os derrotou na ida por dous goles a un.