O xuvenil acaba a primeira volta nun campo compricado

www.sdchantada.com/ 04-02-14
O xuvenil madruga este domingo para rendir visita ás 10 da mañá ó Allariz na última xornada da primeira volta. Os de Dani suman ata o de agora pleno de puntos, 24, mentres que o rival da fin de semana é segundo con 19.

Deste xeito, trátase dun encontro moi importante para os nosos, que de gañar darían un paso importante reafirmándose na primeira praza, mentres que de caer verían cómo o seu rival se achegaría a só dous puntos.

É por elo que os nosos saben que deberán saír moi concentrados ante un conxunto que encadea tres victorias consecutivas. Os de Dani tratarán de aproveitar a dinámica gañadora que están a ter nesta fase da tempada e conseguir afianzar a primeira praza.