O Chantada saboreou o truinfo dez xornadas despois

www.sdchantada.com/ 09-02-14
Por fin chegou a victoria. Logo de dez xornadas sen coñecer o triunfo, os xogadores de Óscar Méndez impuxéronse ó Arteixo por 1-0 nun partido moi completo e traballado por parte dos nosos, que derrotaron a un gran rival.

O partido comezou con dominio visitante, e incluso tras un barullo na área local os visitantes estrelaron un balón no pao da meta defendida por Javi. Co paso dos minutos as forzas foron igualándose, e no minuto 29 chegaría o gol chantadino, cun excepcional disparo lonxano de Joserra que poñía por diante ós nosos.

Tras este tanto os locais incluso poderían aumentar a vantaxe, pero o porteiro salvou o disparo de Adri, polo que ó descanso chegouse co 1-0.

Tralo paso por vestiarios, o Arteixo, con moita intensidade e ritmo buscou o empate, pero o traballo defensivo do Chantada foi excepcional e non permitiu que os visitantes contaran con ocasións claras.

Tampouco conseguiron os nosos concretar ningunha das súas saídas á contra, polo que o marcador xa non se movería e os puntos, moitas xornadas despois, quedarían no Sangoñedo.