O xuvenil igualou a un tanto nunha compricada saída

www.sdchantada.com/ 09-02-14
O xuvenil perdeu os primeiros puntos do campionato pero conseguiu un valioso punto no feudo do Allariz, segundo clasificado.

 

O encontro comezou igualado, pero serían os locais os que golpearon primeiro, no minuto 21, cun tanto que os poñía por diante no marcador. Tras este gol os chantadinos reaccionaron e contaron con ocasións para igualar, pero non atinaban e ó descanso chegouse co 1-0.

 

Tralo paso por vestiarios o encontro continuou con dominio dos de Dani, que contaron con varias ocasións ata que obtiveron o premio no minuto 69, cando Seso igualaba o marcador.

 

Este tanto non fixo conformarse ós chantadinos, que buscaron un novo gol que lles dera a victoria, pero non acertaron ante a meta rival e o partido rematou cun empate que permite que os de Dani manteñan a súa vantaxe sobre o Allariz.