O Chantada mídese a un Betanzos á alza este domingo

www.sdchantada.com/ 11-02-14
O Betanzos, 18º con 22 puntos, recibe este domingo ó Chantada, 11º con 30, na 24ª xornada do grupo Norte de Rexional Preferente.

Os locais chegan no mellor momento da tempada, logo de encadear tres victorias consecutivas ante equipos da talla de Negreira, Mugardos e Dumbría. Esto fai que o encontro se convirta en moi complicado para os de Óscar Méndez, que logo de romper a xeira de dez xornadas sen vencer, tratarán de truncar agora a de cinco saídas consecutivas sen puntuar.

Para elo, os chantadinos tratarán de recuperar as sensacións dos primeiros encontros a domicilio e vencer, ou cando menos puntuar, no campo dun rival directo pola permanencia, ó que derrotaron no encontro de ida no Sangoñedo por 3-2.