Saída moi complicada para o Chantada B este domingo

www.sdchantada.com/ 11-02-14
O Chantada B desprázase este domingo ás 4:15 da tarde ó campo do Santa Comba para medirse a un equipo que todavía non sufriu ningunha derrota como local. Esto fai que o partido sexa moi difícil para os de Juan, que chegan a este encontro 2º con 41 puntos. O seu rival é sexto con 29 puntos, pero cun encontro menos tras aprazar o da última xornada ante o Guntín. Deste xeito o encontro será unha boa oportunidade para os locais se queren recurtar distancias e achegarse ós postos altos.

Esto convirte o encontro en perigoso para os de Juan, que non obstante están a amosar boa imaxe nas últimas saídas e que tratarán de conseguir tres puntos que lles permitan manter a vantaxe cos seus rivais inmediatos. O Santa Comba chega no mellor momento da tempada, pois nos últimos nove partidos disputados sumaron 19 puntos.