O cadete adianta ó sábado o partido ante o Barbadás

www.sdchantada.com/ 11-02-14
O cadete visita este sábado ás 5 da tarde ó Barbadás B, nun encontro fechado para a fin de semana do 7 e 8 de marzo. Os chantadinos solicitaron adiantar o encontro aproveitando o parón que se produce na competición esta fin de semana por motivos de carnaval, e deste xeito non ter que competir na fin de semana da Feira do Viño da nosa localidade. Tralas facilidades dadas polo Barbadás o encontro disputaráse esta fin de semana.

No partido de ida os ourensáns venceron por 1-4 nun encontro que se levaron no tramo final, polo que os chantadinos teñen gañas de revancha e tratarán de sumar a segunda victoria consecutiva logo de vencer ó Cidade de Ourense no último encontro disputado.