O xuvenil non compite por parón na competición

www.sdchantada.com/ 11-02-14
O xuvenil non compite esta fin de semana debido a que hai un parón na competición polo carnaval. Deste xeito, trala primeira volta disputada, os de Dani chegan líderes a este parón con cinco puntos de vantaxe sobre o Allariz, segundo clasificado.

Os nosos seguen traballando de cara ó inicio da segunda volta no feudo do Velle.