O Chantada igualou sen goles no feudo do Betanzos

www.sdchantada.com/ 16-02-14
O Chantada igualou sen goles no seu desprazamento a Betanzos, nun partido no que os de Óscar romperon a mala xeira de varias saídas caendo, e que lle permiten manter a un rival directo a oito puntos; ademais, os nosos quédanse coa goalaveraxe gañada.

Na primeira metade a maior posesión foi local, pero un bo plantexamento defensivo dos chantadinos provocou que non se traducira en ocasións. Neste primeiro acto o Chantada tampouco inquedou en exceso a meta local.

Tralo paso por vestiarios o decorado cambiou, cun cadro visitante máis ambicioso, polo que a posesión se igualou e incluso os chantadinos tiveron as mellores opcións para levarse o encontro, con dúas claras ocasións no tramo final, pero nin Fran nin Cañón estiveron atinados cara á meta rival, polo que ó final se produciu un reparto de puntos que permite que os chantadinos sumen por segunda semana consecutiva.