O Chantada B caeu ante un bo Santa Comba por 2-0

www.sdchantada.com/ 16-02-14
O Chantada B caeu por 2-0 ante un bo Santa Comba, que se amosou forte no seu feudo e derrotou ós chantadinos. O feito de ir por detrás no marcador desde os primeiros minutos penalizou ós chantadinos, que pagaron caros os seus erros.

O partido comezou con maior dominio local, e a primeira chegada foi do Santa Comba, nun disparo de Albertito que parou ben Rays. No minuto 15 chegaría unha xogada que desnivelaría o partido, cando o colexiado sinalou unha pena máxima a favor dos locais, que non fallaron e se adiantaban no marcador.

Tras este gol o Chantada B mellorou, e comezou a chegar, destacando un balón que tras tocar Seso se pasea pola área pequena sen que ninguén chegue a rematar. A ocasión máis clara chegaría nun man a man de Tara, que non definiu ben e o porteiro local Jose Ángel salvou o disparo.

Xusto antes do descanso, á saída dun córner, chegaría o 2-0, que faría que a desvantaxe o descanso xa fora considerable.

No segundo tempo o dominio foi completamente chantadino, pero un cadro local moi ben plantado non viu perigar o resultado. As mellores ocasións dos de Juan foron un disparo de Adrián que salvou un defensa e un lanzamento de falta de Seso que se foi ó pao.