O cadete dá boa imaxe pero cae ante o Barbadás B

www.sdchantada.com/ 16-02-14
O cadete caeu por 2-1 no partido adiantado ante o Barbadás B nun encontro igualado ante un bo rival que venceu xustamente.

O encontro comezou cos chantadinos mandando, tendo a posesión e as mellores chegadas, destacando unha falta de Povis que se foi por pouco. Co paso dos minutos o cadro local animouse e empezou a chegar, ata que conseguiu o 1-0 mediado o primeiro acto. O encontro seguiu igualado, e un novo lanzamento de falta de Povis iríase por pouco, pero o marcador non se movería ata o descanso.

Na segunda metade saiu moito mellor o Barbadás B, e froito deso chegaría o segundo gol local, nun erro dos chantadinos. Este tanto fixo que os de Juan melloraran, e recurtaran distancias. A partir de entón buscaron a igualada por tódolos medios, apretando ata o final, pero o marcador xa non se movería.