O Chantada recibe ó líder da categoría, o Negreira, o domingo

www.sdchantada.com/ 18-02-14
Este domingo, ás 4:30 da tarde, o Chantada recibe ó Negreira, líder sólido da categoría e máximo favorito ó ascenso. 52 puntos suma o rival dos nosos, que son 12º con 31.

Nas última semanas os de Óscar recuperaron as boas sensacións no xogo, e estas empezaron a traducirse en puntos. Debido a elo, a pesar de recibir ó máis forte da liga, os chantadinos esperan poder dar a sorpresa, aproveitando o factor campo e continuar sumando para non caer á zona baixa da táboa clasificatoria.