Saída moi compricada para o Chantada B este domingo

www.sdchantada.com/ 18-02-14
O Chantada B visita este domingo ás 5 da tarde ó Rubián na 22ª xornada de liga. Os chantadinos son segundos con 41 puntos, tres máis co rival da fin de semana, que é cuarto. Trátase polo tanto dun encontro tan compricado como importante para os de Juan, que veñen de caer ante o Santa Comba. Precisamente o Santa Comba (5º con 32 puntos e un partido menos) visita ó Chantada Atlético (4º con 40) polo que se prevé unha xornada apaixoante na zona alta da táboa.

Na ida os nosos fixeron un dos partidos máis completos da tempada e venceron por 3-0, pero saben que nada terá que ver ese encontro co do próximo domingo. Os chantadinos tratarán de volver á senda do triunfo, mellorando a imaxe da última semana, e poder conservar a segunda praza.