O xuvenil visita ó Velle no comezo da segunda volta

www.sdchantada.com/ 18-02-14
O Velle, sexto con 11 puntos, recibe este sábado ás 12 da mañá ó Chantada, líder con 25. Os ourensáns chegan no seu mellor momento da tempada, pois encadean dous triunfos seguidos e están metidos de cheo na loita por meterse en praza de fase de ascenso.

Pola súa banda, os de Dani veñen de empatar (antes da fin de semana de parón) na casa do segundo clasificando, cedendo deste xeito os dous únicos puntos que non foron capaces de sumar na primeira volta.

É por elo que os nosos tratarán de continuar na tan boa liña que están a amosar ata o de agora para sumar tres valiosos puntos no arranque da segunda volta.