O Chantada B fixo un bo partido en Rubián e igualou a un gol

www.sdchantada.com/ 23-02-14
O Chantada B empatou a un gol no feudo do Rubián nunha xornada na que cedeu a segunda praza. Agora, os de Juan son terceiros a un punto do Chantada Atlético, e avantaxan en tres ó Rubián, cuarto clasificado, ó que lle vencen o goalaveraxe particular.

Os nosos comezaron moi enchufados o partido, chegando á área rival, pero sen conseguir concretar. No minuto 6 os nosos reclamaron un máis que posible penalti sobre Efrén que o colexiado non sinalou. Co paso dos minutos foi sacudíndose o Rubián o dominio chantadino, e nunha xogada aislada ó fío da media hora chegaba o 1-0 local, que non reflexaba o que se estaba vendo no terreo de xogo.

Este gol non afectou ós de Juan, que seguiron dominando e contaron cunha clara ocasións de Tara, que non concretou. Sí o faría preto do descanso, no 43´ cando cabeceaba ca portería vacía tras un pase de Adrián, e así se chegou ó final dos primeiros 45 minutos.

Tralo paso por vestiarios o encontro foi máis igualado, e incluso comezaron mellor os locais, pero co paso dos minutos o Chantada B de novo se amosou forte. Ambos equipos propuxeron un fútbol vistoso e atractivo, con chegadas para ambas escadras, pero ningunha se concretou; por parte visitante Gorry tería a máis clara a falta duns minutos nun remate nunha acción a balón parado que foi demasiado frouxo.