O xuvenil caeu de xeito merecido ante un Velle que foi mellor

www.sdchantada.com/ 23-02-14
O xuvenil comezou con mal pé a segunda volta ó caer goleado por 4-1 ante un Velle que foi mellor e que se levou os tres puntos merecidamente.

A primeira metade foi igualada, pero viuse que os chantadinos non tiñan o seu mellor día, e non conseguían xerar chegadas de gol. Pasada a media hora os locais fixeron o 1-0 co que se chegou ó descanso.

Non puido ser peor a saída dos de Dani no segundo periodo, pois xa no primeiro minuto chegaba o 2-0, e só un cuarto de hora despois o 3-0 que deixaba sentenciado o encontro. Os nosos recurtaron distancias no minuto 65 cando Seso transformou un penalti, pero non conseguiron achegarse máis no marcador, e no tempo engadido chegaría o definitivo 4-1.